lunes, 23 de septiembre de 2013

BENVIDA Ó CURSO 2013 - 14

NOTA INFORMATIVA PARA FAMILIAS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN BENVIDOS Ó NOVO CURSO. Apreciadas familias, dende o Departamento de Orientación dirixímonos a vos para darvos a benvida o novo curso 2013/14. Queremos darnos a coñecer, e expresarvos a nosa condición coma un recurso mais do centro a nivel pedagóxico, didáctico e organizativo, a dispor de toda a comunidade educativa e en especial de vos, as familias. COMPOSICIÓN. O departamento de orientación está composto por: O Equipo de Atención á Diversidade: cos seguintes membros: unha mestra de Pedagoxía Terapéutica unha mestra de Audición e Linguaxe e o orientador (Benigno Sánchez Vales). A función principal deste equipo é a atención ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden ir de necesidades transitorias ( retrasos madurativos puntuais, dificultades de aprendizaxe…) a necesidades mais permanentes ( transtornos xeralizados do desenvolvemento, alteracións xenéticas, retraso mental…). O principal obxectivo con éste alumnado é dotalo coas estratexias e competencias de xeito que poida alcanzar no maior grao posible, a inclusión na escola en particular, e de cara á súa vida, en xeral. O Departamento de Orientación: non só ten o eido das suas funcións na atención as necesidades que presentan os alumnos/as senón que a súa atención abarca a todo o alumnado do centro, profesores e familias, coma axente dinamizador dos procesos de ensino – aprendizaxe. Así, ademais dos membros do Equipo de atención á diversidade, compoñen ó departamento un mestre representante de cada ciclo /etapa educativa que se imparten no centro ( unha mestra de Educación Infantil, e tres mestras/es de Educación Primaria). Como principais funcións deste departamento estarían: < b>FUNCIÓNS. - Valorar (a través da ev. Psicop) as NEAE do alumnado e as necesidades do contexto educativo, propoñendo as intervencións necesarias. - Elaborar os plans e proxectos que guiarán a actividade do D.O. (POA e PAT). - Participar no deseño e realización do Proxecto Educativo de Centro. - Promover a detección e atención tempera das necesidades que poidan surxir no alumnado e no contexto educativo. - Participar en todas aquelas medidas de atención a diversidade que se elaboren no centro. - Facilitar apoio e asesoramento o alumnado, familias e profesorado en calquera aspecto de crecemento, maduración, desenvolvemento…(a nivel pedagóxico) que poida surxir. - Impulsar a formación, información e participación do profesorado. - Favorecer a cooperación – comunicación centro-familia. - Entre outras como : orientar sobre o ocio e tempo libre, asesorar o alumnado no cambio de etapa, manter relacions cordiais e potenciar unha estreita colaboración da escola con asociacións, equipas (EOE), centros de recursos…. - Se queren seguir con mais profundidade os nosos proxectos poderanos consultar, descargándoos do noso blogue: http://orientacionfene.blogspot.com.es ou solicitando unha copia de consulta, para a súa lectura no departamento da nosa escola. Vos sodes moi importantes para que isto funcione!. Agradecemos a vosa colaboración e pedimosvos que sigades sendo un axente tan activo de participación coma ata o de agora. COMUNÍQUESE CON NOS. Ante calquera dúbida ou consulta, estaremos o voso dispor ó longo da semana de 10 a 13: 50 horas da mañá e os martes de 16 a 17 horas (Previa cita). Para recibir novidades e comunicacións do D.O. envíenos o seu e – mail a : benigno1978@gmail.com Un saúdo e bó curso. O Departamento de Orientación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario